SENDEIRO ARREDOR DA MINA MERCEDES
Pontevedra, Valga
Aquí comeza o camiño peonil que bordea a Mina Mercedes, unha lagoa artificial de case 4 ha e 20 m de profundidade, formada tras décadas de extracción de arxila para a fábrica de Escudero y Cía. Ao cesar a actividade na década de 1990, o oco encheuse de maneira natural de auga procedente do acuífero e da choiva.
En 2006 restaurouse o contorno para facilitar a visita e mostrar o proceso natural de recuperación ambiental. A flora inclúe salgueiros, amieiros, freixos, espadanas e platanaria. Entre a fauna destacan lavancos, gansos, cisnes, garzas e outras aves migratorias. A lagoa é tamén unha zona de pesca sen morte, con presenza de troita arco da vella.
Este espazo exemplifica a recuperación dunha zona mineira en beneficio da biodiversidade e da comunidade.