Pasar al contenido principal
Porto Piñeiro

SENDEIRO ARREDOR DA MINA DE PORTO PIÑEIRO

Pontevedra, Valga

Descripción

Na zona de aparcadoiro parte o sendeiro bordea a lagoa da Mina Porto Piñeiro, de máis de 5 ha de superficie. A súa orixe é similar á da Mina Mercedes, e o contorno foi igualmente restaurado.

Na parte sur do percorrido, na zona dos Regueiros, un corte do terreo permite observar as arxilas extraídas: arxilas areosas (que conteñen unha pequena proporción de area), pouco plásticas e de cor ocre-avermellada. Para mellorar a súa plasticidade para o seu uso industrial mesturábanse con arxilas procedentes de Frades (Mesía, A Coruña).

Durante os invernos, as minas inundábanse e a extracción suspendíase. A arxila transportábase en camión ata a fábrica, situada ao norte das lagoas, e que funcionou entre 1921 e 2009.

A partir de 1963 incorporou un forno de 700 m³, un secadoiro de 120 m e muíños e mesturadoras. A elevada porcentaxe de aluminio nas arxilas obrigaba a cocer a 1.000°C —fronte aos 800°C doutras arxilas—, o que incrementaba custos e contribuíu ao peche. A última cheminea, construída en 2000, consérvase hoxe integrada na fábrica de UROVESA. 
 

Galería