Pasar al contenido principal
Torreta Valga

EMBARCADOIRO DE SANTA CRISTINA E TORRETAS DE CABLES

Pontevedra, Valga

Descripción

En 1927, construíuse un embarcadoiro fluvial de formigón no río Ulla, nas Caneiras. Dende este embarcadoiro partía un teleférico tipo Bleichert de 800 metros de lonxitude. Era un sistema de dobre cable: un cable groso e tensado sostiña as góndolas, mentres que un cable máis fino, accionado por un motor, as movía. As torres metálicas, separadas por 50 m e con bases de ladrillo, aínda se conservan parcialmente. O embarcadeiro xa non existe.

A arxila de Mesía chegaba en barcazas ata este punto, e dende aquí transportábase á fábrica mediante o teleférico. Tamén se recibía madeira para alimentar os fornos. Os produtos acabados na fábrica—ladrillos, tellas e bovedillas— enviábanse dende este embarcadoiro a Vilagarcía de Arousa e outros destinos. 
 

Galería