Rede de Minaría do Ferro
Inicio del funicular minero en la mina Silvarosa (Viveiro).
A Raíz Histórica do Ferro en Galicia
A historia do ferro en Galicia é a crónica dunha profunda transformación, dende un oficio artesanal arraigado no rural ata unha industria de grande escala. Nalgúns dos castros prerromanos e romanos atopáronse indicios de actividade metalúrxica do ferro. Tratábase de pequenas fundicións artesanais para consumo local. O Imperio romano trouxo mellores técnicas de fundición do ferro, mellorando o traballo de fundición.
Durante séculos, o ferreiro e as pequenas forxas preindustriais, coñecidas como "ferrerías", foron un piar fundamental para a economía do rural galego, abastecendo a poboación con ferramentas esenciais para a agricultura, obxectos cotiáns e ferraduras. No século XX, este modelo deu paso a unha minaría intensiva, concentrada na provincia de Lugo e impulsada pola demanda de países como Alemaña e Inglaterra.
1. A Industria preindustrial: Ferrerías
A industria tradicional do ferro en Galicia estaba profundamente integrada na paisaxe e nos recursos naturais, principalmente nas comarcas do Courel e Ancares. As ferrerías funcionaban grazas á enerxía hidráulica, aproveitando o caudal dos ríos para mover os mazos e os foles que quentaban o mineral. A fundición realizábase con carbón vexetal. Dende a Idade Media ata o século XIX, estes obradoiros producían ferramentas agrícolas como reixas de arado, ferraduras, cravos e cadeas.
Durante os séculos XVI, XVII e XVIII as ferrerías non se situaban preto das minas de ferro, senón nas zonas onde había abundante madeira e forza hidráulica, é dicir, onde tiñan un caudal abundante. Para fundir o ferro era preciso unha gran cantidade de madeira para facer carbón vexetal, e auga para mover os foles e os mazos das ferrerías. Era máis doado transportar o ferro que transportar a madeira e a auga. Isto fai que atopemos ferrerías en moitas comarcas, e non sempre preto das zonas mineiras.
Ferrería de Bogo. Fonte: Turismo A Pontenova
2. O apoxeo industrial do século XX e a súa loxística
Ferrocarril dende A Pontenova a Ribadeo.
Fonte: Turismo A Pontenova
Ferrocarril dende A Pontenova a Ribadeo.
Fonte: Turismo A Pontenova
O século XX marcou a transición definitiva cara a un modelo industrial, coa provincia de Lugo como principal polo de produción. As tres grandes minas de A Silvarosa (en Viveiro), Vilaoudriz (na Pontenova) e Freixo (en Monforte) convertéronse en motores económicos da rexión. Estas explotacións exportaron milleiros de toneladas de mineral, principalmente a Alemaña e Inglaterra, o que xerou prosperidade e desenvolvemento nas súas comarcas.
A viabilidade desta minaría dependía de infraestruturas loxísticas especializadas. O mineral de Vilaoudriz era transportado por un ferrocarril específico ata o cargadoiro de Ribadeo, en funcionamento dende 1903, para ser embarcado en buques de vapor. Pola súa banda, a mina de Freixo utilizaba un funicular aéreo e o ferrocarril para levar o mineral ata a Ría de Vigo, onde un cargadoiro en Rande permitía a súa exportación. Para o transporte do mineral da Silvarosa, construíuse un teleférico que o levaba ata o cargadoiro da Ínsua, na ría de Viveiro.
O peche definitivo destas minas ocorreu a mediados do século XX, non sempre por esgotamento, senón por factores como as impurezas do mineral ou o declive dos mercados. A súa historia non estivo exenta de conflitos sociais, como a longa folga dos mineiros de Freixo nos anos 30.
3. O Legado
O apoxeo da minaría do ferro no século XX xerou unha prosperidade notable nas comarcas lucenses. Hoxe en día, o legado desta actividade é un rico patrimonio industrial, con infraestruturas como o cargadoiro de Ribadeo ou as ferrerías tradicionais que perduran como testemuño dunha época que transformou a sociedade galega. A preservación deste patrimonio é esencial para comprender a nosa identidade.
Cargadoiro de mineral da Insua (Viveiro)
Cargadoiro de mineral da Insua actualmente.
Zonas de indicios ou explotacións de ferro
Fonte: Ángel Ferrero
4. Orixe xeolóxico dos xacementos de ferro
maior parte dos xacementos de ferro de Galicia atópanse en sedimentos do período Ordovícico (hai uns 475 millóns de anos), que sufriron metamorfismo debido a un aumento da presión e a temperatura durante a oroxenia varisca (fai entre 350 e 290 millóns de anos).
A orixe do ferro está relacionada coa presenza das primeiras plantas subaéreas nos continentes fai máis de 450 millóns de anos. Esta presenza acelerou os procesos de erosión e provocou que unha gran cantidade de ferro erosionado desde o continente chegase aos mares próximos. Este ferro depositouse no fondo mariño en forma de oolitos (pequenas esferas) de siderita, carbonato de ferro.
Uns 100 millóns de anos despois, a colisión entre varios continentes nesta zona xerou a cordilleira varisca, e as condicións de alta presión e alta temperatura dentro dela provocaron que estes sedimentos mariños sufrisen metamorfismo, un proceso que consiste en cambios mineralóxicos e químicos sen chegar á fusión. Durante este proceso, o carbonato de ferro converteuse en diferentes tipos de óxidos e hidróxidos de ferro, como a magnetita, a oligtisto ou a goethita, que é o que se explotaba nestas minas.
Estes minerais de ferro atópanse en capas de grosores variables dentro de xistos ou cuarcitas.
Lavadoiro da Mina de Freixo (Monforte de Lemos):
Comparativa entre os años 30 e a actualidade.
Principais Minas de Ferro de Lugo (Século XX)
| Nome da mina | Localización | Periodo de Operación |
| A Silvarosa | Viveiro (Covas) | 1893-1966 |
| Vilaoudriz | A Pontenova | 1866-1960 |
| Freixo | Monforte de Lemos | Séc. XV, apoxeo 1924-1948 |
A Industria do Ferro: O Modelo Tradicional vs. o Industrial
| Categoría de Análise | Modelo Preindustrial (Ferrerías) | Modelo Industrial (Minas do séc. XX) |
| FONTE DE ENERXÍA | Enerxía hidráulica (mazos) e carbón vexetal (carboneo) | Maquinaria pesada e motores, electricidade, e medios de transporte mecanizados |
| FONTE DE CAPITAL | Principalmente local, artesanal e rural, con alguna influencia de fidalgos foráneos. | Capital estranxeiro (alemán, vasco) e estatal (INI). |
| MERCADO | Principalmente local e comarcal. Produción de ferramentas agrícolas e obxectos cotiáns. | Mercados internacionais, principalmente Alemaña e Inglaterra, para industria pesada. |
| VÍNCULO COA POBOACIÓN RURAL | Profundamente integrado na economía e sociedade rural. | Xerou emprego, pero a dependencia do salario e as condicións laborais provocaron conflitos sociais |