Preto da localidade de Seoane de Arriba podemos atopar dúas caleiras tradicionais e unha pequena canteira da que se extraía a rocha calcaria que se calcinaba nos fornos mediante abundante leña para transformala en cal. Estiveron en funcionamento ata os anos setenta do século pasado. O cal transportábase en carros de vacas ata a estrada comarcal de Viana a A Gudiña, e despois en camións ata Verín onde se comercializaba.