Canteira de Mármore de Seoane de Arriba
Ourense, Viana do Bolo
Dende a zona de As Borreas pódese visitar unha canteira abandonada situada 4 km ao leste, preto da localidade de Seoane de Arriba. A canteira explotaba unha das poucas rochas carbonatadas que podemos atopar en Galicia. Trátase do mármore de Viana, unha rocha calcaria de máis de 500 millóns de anos de idade recristalizada a mármore ao ser sometida a metamorfismo (aumento da presión e da temperatura) fai uns 300 millóns de anos. Este mármore non é branco como se podía supoñer, pero presenta cavidades con cristais de calcita e outras estruturas características destas rochas. A canteira utilizouse durante a década de 1970 para fabricar formigón para construír a próxima presa de as Portas, no río Camba.