O nome vén da afección do enxeñeiro Federic Staaden á música. A este depósito chegaba gran parte da produción da mina e situabase o cable aéreo que chegaba ata a estación da parte alta da mina. Tamén era unha zona de talleres. Nesta zona estaba a galería 5, a cal se clausurou xa que a utilizaban persoas fuxidas da xustiza para refuxiarse.