Contacto entre o granito e o sedimento Auríferoo
Ourense, Viana do Bolo
Obsérvase un granito alterado que se desfai coa man, e sobre el vense os sedimentos miocenos formados por arxilas e areas con cantos. Podemos ver como os sedimentos se depositaron sobre os granitos máis antigos (de 300 millóns de anos de antigüidade). Dentro do sedimento laranxa tamén se observan zonas con moitos cantos rodeados de zonas sen cantos. Son antigas canles de auga fosilizadas, na que ademais hai maior concentración de ouro.