Depósito Federico
Lugo, Viveiro
Dende este punto o mineral subía por varios cables aéreos (teleféricos de carga) á parte alta da mina, e dende alí enviábase por un cable aéreo de 5 quilómetros ata A Ínsua, na ría de Viveiro, onde cargaba en barcos con destino a Alemaña. O cable aéreo foi proxectado polo enxeñeiro alemán Federic Cloos, o cal anos despois deseñou outro para a mina do Freixo, en Monforte de Lemos. Este depósito toma o seu nome do enxeñeiro alemán Federic Staaden, que traballou nesta mina.