Continuando o roteiro pásase xunto a un “hospitalillo” e xunto a unha listería. Nas listerías controlábanse os traballadores que estaban dentro das galerías, para evitar accidentes e para pagar o soldo segundo os xornais traballados. A plataforma situada fronte ao hospitalillo é artificial e construíuse como zona de traballo nos últimos anos de actividade.