Nivel 7
Lugo, Viveiro
Na parte máis alta do roteiro pódese observar unha panorámica da zona e da ría de Viveiro. Desta plataforma parten varias galerías do denominado nivel 7. As galerías non seguían a capa de ferro, senón que se escavaban uns metros á súa dereita. Posteriormente cada 50 metros facíase unha galería transversal que chegaba á capa de ferro, e xa na capa facíase unha galería dende a que se sacaba o ferro en quendas de 3 metros de altura cada unha. Posteriormente o oco enchíase con materiais de refugallo e ascendíase outros 3 metros, e así ata 7 niveis de galerías.