Pasar al contenido principal
Cartel Samurai 25

Samurai Xtreme Race 2025

O lago de As Pontes é un referente en obras de rehabilitación ambiental integradas na sociedade. Este lugar, que foi unha mina e o maior motor económico da zona, hoxe converteuse nun sitio de desfrute, que alberga un ecosistema coroado polo lago artificial máis grande de Europa.

Polo tanto, é unha contorna idónea para acoller unha experiencia única: a Samurai Xtreme Race 2025. Un evento deportivo de carreira tipo OCR, organizado co apoio da Cámara Oficial Mineira de Galicia e da Xunta de Galicia

A prestixiosa carreira de obstáculos celebrararase o domingo 6 de xullo no Lago das Pontes (A Coruña). A falta de catro meses para a competición, xa hai máis de 900 inscricións confirmadas, consolidando o evento como unha das citas máis esperadas polos amantes da resistencia extrema.

O Lago das Pontes é o escenario perfecto para esta proba de elite, cun percorrido esixente de 10 quilómetros e máis de 67 obstáculos deseñados para poñer a proba a forza, resistencia e estratexia dos competidores. Este enclave natural, coa súa combinación de auga, barro, area e zonas boscosas, brindará unha experiencia única a todos os participantes.

 

Ubicación

BESbswy